martes, 30 de marzo de 2010

RECORTES E MAÍS RECORTES

Se temos que facer un balance do ano de goberno do PP no eido da educación non hai dubida posible Recortes en todas as partidas, Recortes no presuposto das Universidades, Recortes no número de profesores, Recortes das axudas para os comedores...

Hoxe podemos ler no País esta noticia

“Educación recorta las ayudas para actividades en los colegios”

Esta claro que para o PP a Educación non é primordial.

Pero neste caso xuntase dúas cousas, non soamente estamos a falar da educación tamén da conciliación da vida laboral coa familiar.

Acaso os dirixentes do PP que tanto lle dan a cabeza para pensar onde recortar os presupostos en educación pensaron que con esta medida haberá moitos país e nais que non teñan onde deixar aos seus nenos e nenas cando eles teñan que ir ao traballo, de certo que non.

Claro, é moito pedir que se pense na Conciliación tendo en conta que é a mellor maneira para que os país e nais podan traballar e atender as súas obrigas familiares, e aínda hoxe en día é a mellor maneira de que as nais podan ter un posto de traballo.

Ë certo que aínda nos queda moito por percorrer para conseguir a igualdade entre homes e mulleres, como é certo que con estas políticas o camiño vai ser moito máis longo, moito máis lento.

Esta claro que para o PP a incorporación da muller no traballo fora da casa, porque na casa xa sabemos que ten de abondo, non é primordial.