domingo, 11 de abril de 2010

CELEBRACION DO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

A mellor maneira de acercar á lectura aos nenos e nenas é coa implicación da familia e como non do centro escolar.

Os pais e nais son quen de facer posible que os libros sexan os amigos dos nenos e nenas desde cedo, os amigos que gardan miles de historias que lles contan os seus pais e nais na beira das súas camas.

O centro escolar é onde os nenos e nenas comezan a coñecer que moitas letras xuntas poden facer que pasemos uns momentos de lecer dos que nunca nos esqueceremos.

Por iso é primordial que nos centros escolares transmitan aos nosos nenos e nenas que o libro non é un simple obxecto que é moito máis, e como tal tense que celebrar o seu día.

No C.E.I.P. FRIAN – TEIS vaíse celebrar o luns 12 o día do libro Infantil e xuvenil. Xuntarase no salón de actos do centro todo o alumnado para ler un manifesto do escritor Eliacer Cansino e despois cada curso lerá a carta que teña preparada para o acto.

sábado, 10 de abril de 2010

FELICITACIONES

Ha sido un éxito rotundo la convocatoria realizada por el profesor Facal con el objetivo de acercar las actividades realizadas en el CERN a los alumnos y alumnas de toda Galicia.

Han sido más de 900 alumnos y alumnas procedentes de diferentes Institutos los que han podido comprobar que esas teorías que parecen imposibles de entender, esa asignatura que les resulta a la mayoría de ellos difícil de abordar, está presente en nuestra vida diaria y tiene multitud de aplicaciones en la sociedad en la que vivimos.

No hay mejor manera de enseñar la Física que con casos prácticos.

Mis felicitaciones por la iniciativa y por conseguir despertar la curiosidad y el interés en la Física, y en concreto en este campo tan complicado de trasmitir como es la investigación Nuclear.

jueves, 8 de abril de 2010

RECORTES E MÁIS RECORTES

Fai uns poucos días facía mención dos recortes que está a facer a Consellería de Educación, son moitos, xa imos dándonos conta que para eles a educación non é primordial, o polo menos a pública, pero aínda por enriba se isto non fora xa incrible, estan facendo patente que a conciliación da vida laboral e a familiar para eles non conta.

Agora van a deixar a 18 centros escolares sen comedor, 300 alumnos e alumnas que non terán posibilidade de quedar a comer no seu centro, país e nais que terán que reaxustar os seus horarios, sempre e cando isto sexa posible, a maioría non poderán.

Por non falar da xente que vai quedar sen traballo, nestes tempos. Queda pois claro cal é a política de emprego da Xunta.

Por non falar da aposta que fai a Xunta por mellorar a vida no rural. Non nos podemos esquecer que os centros onde vaise a pechar o comedor están no rural.

Cantas veces falamos que o rural quedase sen xente, como non vai ser doutro xeito.

Eu prégolles que antes de facer calquera medida recapaciten nas repercusións que vai ter. Está claro que non o fan.

viernes, 2 de abril de 2010

AXUDAS PARA MELLORAR AS BIBLIOTECAS ESCOLARES




Unha das prioridades da educación é que os alumnos e alumnas o longo do seu percorrido pola ensinanza obrigatoría adquiran unha boa capacidade lectora, e a ser posible fagan seus os libros como instrumentos de adquisición de coñecementos pero tamén, e non menos importante, como medios de lecer, o libro como divertimento.

Se pretendemos conseguir iso temos que poñer ao alcance deles e delas os medios, faíse necesario que a Bliblioteca dos centros educativos cobren vida, sexan un lugar de encontro dos estudantes cos libros, coas historias, cos contos, un lugar de encontro para estudar e facer consultas, un punto de encontro onde compartir lectura, prepraración de exames, de movementos no silencio do respecto polo traballo dos outros.

A biblioteca ten que ser o corazón dos centros.

Por iso non debemos de esquecer que ten que estar coidadas, o espacio e o seu contido teñen que corresponder co pretendemos, polo que deberan de ter as dotacións bibliográficas, informáticas e audiovisuais mínimas para dar resposta as demandas dos estudantes acordes cos tempos que estamos a vivir.

O martes 30 o Consello de Ministros aprobou unha partida de 9 millóns de euros destina a mellora das bibliotecas escolares, desde o ano 2005 o Ministerio de Educación ten destinado un total de 90 millóns de euros nese obxetivo.

A Galicia vaílle corresponder 628.740 €. Cantidade que se duplicará pois a Xunta ten que poñer a mesma cantidade.

Benvidas estas inversións nas Bibliotecas dos nosos centros escolares.