Hoxe, e penso que sempre, non hai dubidas, todas as cifras o reflicten, de que as mulleres non teñen o mesmo acceso a EDUCACION que os homes, isto é así principalmente no mundo subdesrrollado,
Hoxe atopei un artigo, entre enlace e enlace lendo temas do Cambio Climático, que falaba dun tema que eu nunca reparara, aínda que as veces me expoño cuestións de como ten que ser a vida nunha aldea pequena africana, as súas carencias, os seus ritmos de vida, as súas relacións.
As veces me parei a pensar que fan as nenas cando teñen a súa primeira mestruación, que métodos hixiénico utilizan as mulleres no tempos do período mestrual, pero nunca me expuxese que isto ía repercutir na súa asistencia as escolas.
Disto vaí este artigo que vos recomendo,
Getting Girls in School in Africa
By Nicholas Kristof
Sempre é unha alegría atoparse con xente que se preocupa da vida dous outros, que se preocupa polo acceso a EDUCACION dos nenos e nenas nos países pobres, que se preocupan de que a brecha da desigualdade sexa cada día máis pequena, que se preocupa por todas esas nenas que por mor da súa condición de muller e non ter os medios apropiados deixan de ir a escola, Sempre é unha alegría
No hay comentarios:
Publicar un comentario