Desde logo que non hai mellor maneira de coñecer os lugares que percorréndoos in situ.
En non poucas ocasións isto é imposible. Tempo e diñeiro tense que xuntar para facelo viable, e moitos de nos, coñecemos por propia experiencia, que os astros do tempo e do diñeiro non se moven xuntos, ademais a maioría das veces ni tan sequera se moven para moitos de nos, pequenos mortais.
Por iso benvida sexa a iniciativa da Unesco e Google que vai permitir que podamos acceder a 18 lugares catalogados como de valor universal excepcional.
Agora tan só imos necesitar o noso ordenador e o acceso a Internet, unha cadeira cómoda e xa está a viaxar polas marabillas do mundo.
E que gran oportunidade para interesar aos nosos mozos e mozas en estes lugares.
Os outros 872 sitios do patrimonio mundial estarán marcados en Google Earth e Maps.
No hay comentarios:
Publicar un comentario