Fai uns poucos días facía mención dos recortes que está a facer a Consellería de Educación, son moitos, xa imos dándonos conta que para eles a educación non é primordial, o polo menos a pública, pero aínda por enriba se isto non fora xa incrible, estan facendo patente que a conciliación da vida laboral e a familiar para eles non conta.
Agora van a deixar a 18 centros escolares sen comedor, 300 alumnos e alumnas que non terán posibilidade de quedar a comer no seu centro, país e nais que terán que reaxustar os seus horarios, sempre e cando isto sexa posible, a maioría non poderán.
Por non falar da xente que vai quedar sen traballo, nestes tempos. Queda pois claro cal é a política de emprego da Xunta.
Por non falar da aposta que fai a Xunta por mellorar a vida no rural. Non nos podemos esquecer que os centros onde vaise a pechar o comedor están no rural.
Cantas veces falamos que o rural quedase sen xente, como non vai ser doutro xeito.
Eu prégolles que antes de facer calquera medida recapaciten nas repercusións que vai ter. Está claro que non o fan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario