domingo, 11 de abril de 2010

CELEBRACION DO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

A mellor maneira de acercar á lectura aos nenos e nenas é coa implicación da familia e como non do centro escolar.

Os pais e nais son quen de facer posible que os libros sexan os amigos dos nenos e nenas desde cedo, os amigos que gardan miles de historias que lles contan os seus pais e nais na beira das súas camas.

O centro escolar é onde os nenos e nenas comezan a coñecer que moitas letras xuntas poden facer que pasemos uns momentos de lecer dos que nunca nos esqueceremos.

Por iso é primordial que nos centros escolares transmitan aos nosos nenos e nenas que o libro non é un simple obxecto que é moito máis, e como tal tense que celebrar o seu día.

No C.E.I.P. FRIAN – TEIS vaíse celebrar o luns 12 o día do libro Infantil e xuvenil. Xuntarase no salón de actos do centro todo o alumnado para ler un manifesto do escritor Eliacer Cansino e despois cada curso lerá a carta que teña preparada para o acto.

1 comentario: