sábado, 20 de noviembre de 2010

UN DESENLACE ESPERADO


O 5 de octubre publicábase no DOG a creación dos premios da cultura galega e a súa convocatoria para o presente ano.

O obxetivo da creación destes premios é apoiar o labor creativo da nosa comunidade nas letras, nas artes plásticas, nas artes escénicas, nas iniciativas en prol do patrimonio cultural de Galicia, na promoción cultural de Galicia, na música e na creación audiovisual.

A diferencia dos Premios Nacionais que foran creados polo Bipartito no 2008 estes premios non teñen dotación económica, os gañadores ten como premio un diploma e unha escultura.

O oito de octubro a plataforma prolingua, da que forma parte Agustín Fernández Paz, fai un chamamento para que os que sexan galardonados co premio o rexeiten por considerar que os promotores dos mesmos son aqueles que están a agredir a nosa lingua.

O 15 de novembro faíse publico os premiados.

O premio nas letras é para Agustin Fernández Paz, quen o día seguinte fai publico o seu rexeitamento cun escrito no que da as gracias ao xurado por telo elexido e manifesta que no pode aceptalo posto que el está en desacordo con estes premios.

Alguns de nos tivemos a sorte de compartir centro de traballo con Agustín polo que aínda que no teñamos unha relación estreita con el a súa postura non nos colle de sorpresa.

Xa din que as veces é moi facil falar que o dificil é levar á practica o que un di, máis cando isto implica dicir que non a un premio, todos somos débiles ante os encomios e os premios.

Falar e actuar de acordo co que se fala chamase coherencia. Agustín Fernández Paz ten sido coherente, as miñas felicitacións.





No hay comentarios:

Publicar un comentario