As veces cando les unha noticia non podes deixar de ter a boca aberta e os ollos fixos no que estas a ler por creer que te estas a confundir.
Ao mesmo tempo tes ganas de contestar pero claro non podes, enton e cando comenzas a sentir unha certa rabia.
Iso mesmo aconteceume hoxe cando estaba a ler unha noticia no portal da Consellería de Educación.
Que facilidade teñen alguns de presentar as cifras como se foran unha marabilla.
Dicir que xa teñen xestionadas máis da metade das solicitudes de axudas solicitadas, 55.300, a verdade é que sona a moito.
Pero non podemos esquecer que co outro modelo de prestamo de libros que tiña o Bipartito non teríamos que falar de 5000 o 20000 o 100000, falariamos de todo o alumnado, absolutamente todos e todas as alumnas dos cursos sinalados terían nestes intres os libros do seu curso sen ter que pagar nada, sen ter que PEDIR nada.
Noutro modelo era un DEREITO.
!6400 solicitudes de axudas para adquisición de libros de materias nas que se cambia o idioma por mor do novo decreto de galego.
16400 solicitudes e cal é a cifra dos libros que non van a ter utilidade neste curso 20000, 50000 o 100000.
Non entendo nada, reducen nas partidas dos presupostos por mor da crise pero gastan en aquelo que non é necesario.
Toda norma, decreto pode facerse que de tal xeito que a súa implementación non reporte gastos innecesarios, máis ben ten que facerse desa maneira.
Algo tan xinselo como pode ser poñer unhas datas para la implementación das medidas recollidas no decreto tería sido suficiente para no mal gastar o diñeiro dos contribuientes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario