As veces, por no dicir que case sempre, andamos absortos nos nosos pensamentos e non somos quen de reposar uns momentos, fixar a mirada noutros lugares e deste xeito descubrir preto de nos marabillas da naturaleza.
De seguro que se preguntamos aos miles de visitantes que visitan as illas Cies e percorren os seus camiños se viron réptiles a maioría dirá que non. Moitas gaivotas si, por iso de que con tan só levantar a vista se ven.
O que é seguro é que dos poucos que diran que si, que viron repties reposando nas pedras gozando do sol o que se lles cruzaron rapidamente no medio do seu camiño, non sabran que estos fan unha importante labor: actuan de propagadores das semillas das plantas e axudan a xerminación das mesmas.
O caso é que debido a escasez de insectos amoldáronse ao entorno comendo semillas, poderíamos dicir que son uns dos diseñadores da paixase das illas.
Nada mellor para entender os estudos de investigación que un bo video onde se expliquen axudándose das imaxenes.
Podemos disfrutar e o que mellor entender o traballo feito polo equipo de biloxía da Universidade de Vigo dirixido polo profesor Luis Navarro grazas ao video financiado polo organismo autonomo de parques naturales.
Este magnifico traballo ten sido galardonado co premio do público da revista “ The Scientist”.
Felicitacións ao OAPN pola iniciativa e ao equipo do profesor Luis Navarro polo seu bo traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario