lunes, 27 de septiembre de 2010

UNHA APOSTA CLARA POLA EDUCACIÓN PÚBLICA


Desde que chegou a Concellería de Educación, Laura López Atrio, ten feito unha labor calada, constante, clara nos obxetivos, sen escatimar tempo a súa dedicación, en pro da Educación.

Educación nos distintos campos: música, teatro, dos nenos pequenos, dos maiores, do ensino en xeral.

Na súa labor ten percorrido a maioría dos centros educativos da cidade, falado co profesorado e a directiva.

Consciente das necesidades que teñen en infraestruturas, en medios materiais, en profesorado, a Concelleira presentou hoxe dúas mocións no Pleno da Corporación.

Estas iniciativas, aprobadas polo grupo socialista e do bloque, instan ao goberno da Xunta a que faga o que ten comprometido, que non o fixo aínda e xa estamos no comezo do curso, e todo aquilo que é necesario para que os nenos e nenas da cidade reciban unha Educación de Calidade, melloras nos centros e máis profesorado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario