Custa créelo pero é certo.
A Consellería vai desfacerse de 190.000 libros de texto por mor do decreto de Galego.
A miña sorpresa foi grande a léelo. ¿Cómo pode permitirse facer algo deste calibre nos tempos nos que estamos a vivir? ¿Cómo é posible que xente que ten que gobernar, que sabe o que esta acontecendo nestes tempos, poda facer tamaña tolería?
Hoxe estamos vivindo tempos difíciles, tempos nos que hai moita xente que non ten traballo, as rendas dos fogares reducíronse considerablemente, estamos en tempos de aforrar, de pensar nas familias, ¿Cómo van facer para mercar todo aquilo que fai falta para manter un fogar: roupa, comida, transporte, etc?
Por enriba isto, mercar os libros.
Non tiveron de abondo con eliminar a gratuidade dos libros de texto, agora por enriba o que tiñamos aínda do mercado polo Bipartito para facer un dereito realidade, van desfacerse deles.
Pero o que fai máis horrible do asunto é a causa: imos tirar os libros, facer que os país e nais merquen novos libros de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía, para que se cumpra o decreto de galego.
Non saio do meu asombro.
¿Isto é o que chaman eles gobernar? Vou facer o que eu quero, aínda que non teña consenso co resto das forzas políticas, que representa preto da metade da poboación galega, e aínda que iso implique que libros que poidan ser utilizados non o sexan e os país e nais teñan que facer fronte a un novo gasto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario