Artigo de MarIse Pérez Mariño publicado no xornal no 24 de Maio.
Fai algúns días, un medio de comunicación facíase eco dos resultados estatísticos relativos a Galicia presentados polo Ministerio de Educación nos cursos escolares 07/08 e 08/09. Os últimos do Goberno bipartito. Aínda que a estatística indica pero non explica, o que neles se aporta é suficientemente significativo como para darnos unha idea do que sucede cando a Educación é unha prioridade. Se ben moitas decisións neste ámbito non producen efectos inmediatos, xa que os cambios sociais necesitan o seu tempo, e nisto non hai variñas máxicas. Si que hai indicadores que son produto dunha acción. Como exemplo, referíndonos aos obxectivos de Europa 2010, podemos destacar os avances na extensión da lingua estranxeira na educación infantil, onde a acción de goberno logrou chegar a un 87,3% do alumnado, sobrepasando nun 28,8% a media nacional. Ou que, dentro destes obxectivos de potenciación das linguas, Galicia conxuntamente con Murcia son as únicas comunidades autónomas, que teñen unha segunda lingua estranxeira obrigatoria no currículo, para todo o alumnado en primeiro e segundo da ESO. Pero isto non é todo, iniciáronse os programas de inmersión do alumnado no verán en distintos países de Europa e América, así como distintas accións para mellorar a competencia do profesorado, ou as aulas bilingües –materias non lingüísticas traballadas nun idioma estranxeiro–, que aumentaron de 47 a 670. Estas accións son as más destacables, pero non as únicas. Como se ve as linguas estranxeiras non as descubriu o Goberno actual, e o tratamento que se lle deu debe conservalo, e se é posible, melloralo, porque para a anterior Consellería de Educación a aprendizaxe da lingua estranxeira eran unha prioridade.
Pero para seguir, hai que indicar que o gasto en Educación por alumno é superior neste informe nun 17% á media nacional, que o número de alumnos por unidade é inferior nun 17,4%, ou que existía unha ratio de profesorado/alumnado un 14,2% superior á media. Outros moitos datos dese documento, como os referidos ás bolsas, as taxas de graduación na ESO, a porcentaxe de repetidores ou a idoneidade, etc., falan da boa xestión do bipartito. Non quero esquecer algunhas decisións tomadas que non son obxecto de indicadores, pero que contribúen a mellorar a Educación como foi o aumento dos gastos de funcionamento dos centros nunha media dun 15% por ano, a substitución no día das baixas do profesorado ou o aumento das prazas de comedores.Especial consideración debe ter a gratuidade universal dos libros de texto, que logrou a consecución dun dereito social, que agora queren pasar a beneficencia.Tampouco quero ematar sen falar da consideración do profesorado, co que se mellorou o contacto directo. Con diñeiro público e austeridade, ou mellor dito, con eficacia e eficiencia, melloráronse moitos ámbitos. Isto ocorre cando a Educación e unha auténtica prioridade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario