Nestes momentos de crise ¿Que esperan os cidadans dos que están a gobernar ?
Entre as moitas cousas que poden ser variadas e distintas dependento da situación de cada quen, unha está clara, Austeridade no gasto.
Nada máis contrario a iso que facer unha norma que conlleve o gasto inxustificado de cartos, cartos de país e naís tirados pola fiestra.
Na implantación do novo decreto de galego vaí supoñer xustamente iso, tirar os cartos que tanto fan falta sen máis. Cartos que fan falta para moitas necesidades como mercar libros a outros fillos e fillas, non esquezamos que agora os libros de texto xa non son gratuitos na insenaza obligratoria..
E ¿Qué esperan os cidadáns dos que gobernan sexa cal sexa a situación económica? Tamén moitas cousas, pero unha está clara Trasparencia.
A unha pregunta clara, directa sobre un tema dun membro do parlamento a calquera membro do goberno este o esta debería responder a mesma.
O conselleiro de educación non sabe o que é iso, cando se lle pregunta por algo concreto non resposta a iso.
Isto é o que aconteceu no parlamento esta semana, cando se lle pregunto cal ía ser o custo da aplicación do novo decreto, non contestou a iso.
Na súa resposta falou de moitas cousas, do que fixeron outros, pero non dixo a cantidade do que vai supoñer a posta en funcionamento do novo decreto.
Xa sabemos que o diñeiro non vai saír da Consellería se non dos pais e nais, pero aínda así os que fan unha norma teñen que valorar todos os aspectos que levará a súa aplicación.
O que é manifesto que o señor conselleiro non sabe o non quere dicir a cantidade que deberán desembolsar os pais e nais o novo curso pola aplicación do novo decreto que a maioría dos galegos e galegas rexeitamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario