sábado, 19 de febrero de 2011

ALGAS LUMINISCENTES NA RÍA DE VIGO

No verán din que hai fenómenos luminiscentes no litoral das costas gallegas.

Na ría de Vigo pódese apreciar estes fenómenos, pero, como acontece moitas veces, pasamos rápido polos lugares sen poñer atención das belezas que a natureza poñe a nosa dispoción.

Reptíles nas Cies, fenómenos luminiscentes na ría, ¿ de verdade? Preguntarase incrédulos a maioría da xente que vive por estes lares.

De novo temos que felicitar ao profesor Luis Navarro e seu equipo por abrirnos os ollos a natureza que nos rodea de xeito que non soamente podamos apreciar o entorno onde vivímos senón que tamén podamos comprendelo.

Nestes tempos que se fala tanto de necesidade de cambiar a maneira de impartir a clases, da utilización das novas tecnoloxias á hora de impartir os contidos, vendo estes videos faíse máis patente que é verdade.

Porque calquera que vexa o video, aínda que non teña coñecementos científicos, tera claro como os organismos evolucionan e se adaptan ao medio.

Un video de animación feito en Vigo con música dun grupo vigues onde se poñe de manifesto unha realidade contundente: a natureza é sabia.

Respetemos a súa sabedoría.


No hay comentarios:

Publicar un comentario