lunes, 21 de febrero de 2011

DIA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA


Hoxe se celebra o Día Internacional Da Lingua Materna.

Actualmente máis do 43% das 6000 linguas que se falan están en perigo.

A lingua non só é o medio que temos para comunicarnos, é, tamén, un ben cultural que debemos protexer.

Todos/as somos conscientes que para proceder á protección de algo debemos tomar medidas respecto diso, para protexer unha lingua é obvio que as medidas deben ir encamiñadas a potenciar o seu uso, o seu coñecemento e historia.

Pero moito máis importante é que a utilización dunha determinada lingua é un dereito que debe ser respectado.

As administracións deben de traballar neste sentido: o respecto de poder expresarse na lingua materna propia da comunidade.

Como case en todo na vida, o poderoso tende a apropiarse dos bens de quen non o son, o forte come ao débil, é así na natureza e é así en multitude de aspectos na nosa sociedade.

No campo lingüístico sucede o mesmo, moitas linguas foron desaparecendo porque sucumbiron a outra que era utilizada por un pobo dominante.

En aras a que isto non sucedese once países da Unión Europea asinaron en 1992 a Carta Europea das Linguas Rexionais, entre os países asinantes atopábase España.

Nesta Carta establecíase o compromiso de levar a cabo a promoción das linguas rexionais ou minoritarias, adoptando diferentes medidas como son entre outras: a estimulación do uso oral e escrito na vida pública e privada e o ter unha educación asegurada nas linguas rexionais e minoritarias en todos os niveis educativos.

En España está desde 1978 recollida no artigo tres da Constitución que o castelán é a lingua oficial do Estado e que as demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas.

No Estatuto de Galicia recollese que o galego e o castela son as lenguas oficiais de Galicia, que todos/as teñen el dereito a coñecelas e usalas e que se poran os medios necesarios para potenciar o coñecemento do galego.

Potenciar o coñecemento e o uso do galego é necesario.

E onde máis se pode trasmitir o coñecemento do galego é na escola.

Por iso non se pode entender o retroceso que ten sucedido co novo Decreto de Galego.

Un decreto que non tivo en conta a resposta cidadana ni ao Consello Escolar.

Querer a nosa lingua, utilizala e coñecela e querer a nosa terra, a nosa historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario