Nesta época que estamos a vivir ter políticas de aforro nos gastos non son soamente boas son tamén necesarias, por iso, cando escoitamos que se está a aforrar parécenos que se está a proceder de acordo coas necesidades que marcan o momento, aplaudimos a medida, pero cando isto se faí sen estudar como facelo, sen ter en conta onde se pode reducir gastos e onde non, rexeitamos a medida.
Xustamente e isto o que esta facendo a Conselleria de educación, recortar e recortar para aforrar sen ter en conta que as consecuencias son totalmente negativas para a educación.
Hoxe podemos leer unha noticia que fai mención a multitud de casos nos que non se cubre a ausencia do profesor/a, quedando moitas das veces os alumnos/as sen ter clase dunha materia duas semanas, cando non é maís por mor dos procedementos que se están a levar para cubrilas.
Non ter proferor/a durante todo ese tempo vai repercutir negativamente non soamente no alumnado tamén na organización do centro.
Ponse en cuestión dous cousas: a espera de quince días para proceder a cubrir a ausencia do profesorado e a lentitude da toma de posesión do novo profesor/a.
Reducir o tempo da espera para cubrir a praza é primordial como o é acerlerar os mecanismos para que o profesor/a sustituto/a poda estar activo no posto no que é requerido.
Todo iso é factible se a Consellería tomase medidas no asunto, tan só é cuestión de organización.
Pero a Consellería non está pola labor porque iso implica ter que gastar máis cartos no profesorado, o que non ten feito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario