O que esta claro que debido a importancia que ten nas nosas vidas, a súa implicación en multitud de aspectos da natureza, na maioría das asignaturas trataran o tema enerxético, desde aspectos económicos o de procesos naturais.
Tratase dun tema transversal, no que moitos educadores/as terán un papel na trasmisión da importancia que ten no mundo un uso intelixente da enerxía.
Os procesos químicos naturais tenden sempre a ser aqueles que implican un gasto enerxético menor, xa din que a natureza é sabia.
Nos procesos industrais tratase de obter os obxetos que se fabricando co menor gasto enerxético debido á economía do proceso, obter un maior rendemento económico é o que se ten en conta.
Un menor gasto enerxético é sempre positivo, non soamente para os nosos bolsillos, que o é, senón para todos e todas , os que estamos aquí agora e os que esten nos anos vindeiros, porque o aumento do uso dos combustibles fósiles, dos que se obten a maior porcentaxe de enerxía, producirá un aumento da temperatura da terra tal que os seus efectos serán desvastadores.
Os profesores/as deben sensibilizar ao alumnado sobre estos aspectos, sobre o uso que se fai da enerxía, e desde logo o propio centro ten que adoptar as medidas necesarias para mellorar a súa eficiencia enerxética, non hai nada como educar co exemplo.
Neste senso a Unión Europea poñe a disposición dos docentes recursos educativos, e organiza un concurso inter-escolar que comenzou en septembro do 2010 no que participan os vinte sete estados membros e tamén Noruega, Croacia, Islandia e Liechtenstein, para promover o aforro de enerxía.
Temos que sensibilizar e concienciar que hai que facer un uso intelixente da enerxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario