jueves, 20 de enero de 2011

CONTIDOS DIXITAIS

Por moito que dotemos os centros de aulas informáticas e de ordenadores personais ao alumnado non teremos avanzado se non formamos aos profesores e temos os contidos dixitais adecuados.

Uns dos motimos do que proxeto Abalar estea retrasandose é que non se tivo en conta que a formación dos docentes tiña que estar planificada antes de ter feito calquera outra cousa.

A quén se lle ocurre pensar que “ala xa está, temos os ordenadores e todo a funcionar”, desde logo ten que ser a alguén que non coñoza a importancia do profesorado no proceso educativo.

Pero aínda faltaría algo primordial, que os docentes tiveran acceso a uns bos contidos dixitais.

No proxeto Agrega xa se esta traballando neste obxetivo.

Este proxeto non esquece a importancia que ten as familias na educación de seus fillos, e por iso, tanto as famiias como os docentes, poden atopar contenidos dixitais destinados a mellorar a educación dos nenos e nenas.

As veces cos cambios acontece que determinadas empresas poden verse perxudicadas, por iso estas teñen que estar cos tempos e a administración ten que axudalas para que innoven.

Xustamente estes días tense firmado un Convenio de colaboración entre o Ministerio de Industria e o Ministerio de Educación para o fomento dos servicios e contidos dixitais educativos.

Neste Convenio, dotado con 13 millons de € ,no que participaran as Comunidades Autónomas, comtamplase, entre outros puntos, continuar co desenvolmento do proxecto Agrega e promover coa industria acciones destinadas ao impulso da oferta de bens e servicios dixitais na educación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario