martes, 18 de enero de 2011

A VOLTAS CO PROXECTO ABALAR

Fai menos de dez días que a Conselleria de Educación anunciaba que tiña rematado a instalación de todo o equipamento necesario para que o proxeto Abalar estivera en marcha.

Decía o anuncio que se cumpría un fito importante, traballar nas aulas coas novas tecnoloxías.

Nunha cousa estamos de acordo, que vai ser un fito a súa posta en marcha, porque vendo como vai indo os acontecementos estamos a pensar que ni ao remate do curso todas as aulas do proxeto van a estar en funcionamento.

Na prensa podemos ler como hai moitas incidencias na súa posta en marcha, e non esquezamos que estamos no mes de Enero, fai catro meses que comenzara o curso.

Nalgún dos centros aínda non chegaron os ordenadores, noutros teñen problemas coas paredes que non aguantan as instalacións, noutros non teñen conexión, e así poderíamos seguir a detallar incidencias que a Consellería aínda non ten solventado, unha mostra maís do seu compromiso con este proxeto que tiña que convertir as aulas dos nosos centros nas aulas do seculo XXI.

Xa viramos que no I Congreso “Escola2.0” que tivo lugar en outubro que a única Comunidade onde non se podía entrar na súa páxina era a nosa.

Unha vez maís poñese en evidencia a falta de organización da Consellería e no pouco que cre no proxeto Abalar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario