martes, 4 de enero de 2011

PROBAS DE AVALIACIÓN

Son moitos e ambiciosos os obxetivos que sen ten marcados no Sistema Educativo.

É necesario, se queremos chegar a ter uns resultados optimos na consecución dos obxetivos fixados, realizar un seguimento dos mesmos.

Para isto é imprescendible determinar uns indicadores que nos sinalen como estamos actuando, se imos polo bo camiño o se temos que preguntarnos que erros estamos a cometer.

Hai que avaliar e despois analizar os resultados obtidos para mellorar.

Deste xeito a LOE considera que é imprescindible que se establezcan mecanismos de avaliación dos distintos ámbitos e axentes da actividade educativa.

En concreto e referido ao alumnado a LOE establece nos artigos 21 e 29 a obriga de realizar unha avaliación de diagnostico das competencias básicas dos alumnos de cuarto de primaria e de segundo de secundaria.

Estas probas fanse nos centros educativos en Maio.

Este ano na nosa Comunidade ademais de avaliar as competencias en Matemáticas e comunicación lingüística vaise a avaliar unha nova competencia, a de coñecemento e interacción do alumnado co mundo físico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario