Cando falamos de convivencia nos centros escolares na maioría das ocasións pensamos soamente no acoso escolar, pero a convivencia no centro escolar é moito máis que iso.
Na comunidade escolar ten lugar o establecemento de relacións entre alunmnado e alumnado, alumnado e profesorado e profesorado e profesorado, polo que a convivencia no centro tense que analizar desde tres perspectivas distintas e poderíamos engandir as relacións da familia co centro.
Polo que a análise e moito máis complexo do que nun principio se pode pensar.
No ano 2007 o Ministerio de Educación creo o Observatorio Estatal da Convivencia na procura de mellorar a convivencia nos centros escolares, tendo como obxetivos ter información actualizada da situación da convivencia nos centros escolares e propoñer actuacións encaminadas a erradicar as situacións contrarias á convivencia.
O observatorio realizou coa colaboración das Comunidades Autónomas un estudo estatal sobre a convivencia escolar desde as perspectivas do alumnado, o profesorado, os departamentos de orientación e os equipos directivos; que ven sendo o máis completo dos realizados en España referidos a convivencia escolar.
Nese estudo participaron 301 centros educativos de todo o Estado, 23100 estudantes, 6175 profesores e 10768 familias.
O obxetivo principal do estudo é obter un diagnóstivo global da situación da convivencia escolar que poda servir para coñecer os avances e as necesidades.
Sendo catro os obxetivos máis concretos; un deles é proporcionar instrumentos de avaliación da convivencia nos centros escolares que sexa de fácil aplicación, corrección e interpretación de xeito que permita coñecer a situción dos centros o que permitirá facer unha valoración das medidas adoptadas e das necesidades que haxa.
Para facer isto posible elaborouse a ferramenta para diagnosticar a convivencia.
O procedemento que se terá que seguir será:
Profesorado e alumnado responderan a un cuestionario respectandose a confidencialidad.
A partires deste obtense o autodiagnóstico.
Despois se automatiza a conexión do diagnóstico obtido cos recursos para combatir os problemas detectados.
Agora vai ser máis doado saber como sinte o alumnado que a súa relación, se ten sido eficaces as sancións impostas, se a relación co profesorado e boa, etc, e adoptar medidas adecuadas para solucionar as situacións negativas que se atopen.
A ferramenta vaise a por a disposición dos centros escolares nas próximas semanas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario